poeta caboverdiano José Luiz Tavares ganha Premio de Poesía Cidade de Ourense

O poeta caboverdiano José Luiz Tavares foi elexido onte como gañador do Premio de Poesía Cidade de Ourense polo seu traballo As irrevogábeis trevas de Baldick Lizandro. O xurado salientou da obra o feito de que «é un discurso ben construido en poemas longos cunha linguaxe coidada onde se combinan o clasicismo con imaxes innovadoras cheas de riscos eficazmente resoltos». Tavares é un autor recoñecido e con varios premios á súa carreira -entre outros o Mário António da Fundación Calouste Gubelkian- e que en xaneiro deste ano publicou o seu último libro: Cidade do máis antigo nome.

Á convocatoria presentáronse un total de 40 orixinais e o xurado estivo composto por Antonio Pires Cabral, como representante do Grémio Literario-Vilarense, Teresa Devesa, profesora de lingua e literatura galega, Román Raña (gañador da anterior convocatoria do premio) e Miguel Anxo Fernán Vello, responsable da editorial Espiral Maior. De presidenta exerceu Isabel Pérez.

15.06.2010 | par martalanca | cabo verde, José Luís Tavares